martes, 17 de xaneiro de 2017

O AIRE E A ATMOSFERA



O AIRE

É una mestura de gases esenciais para a vida na Terra.
Os máis importantes son:
  • NITRÓXENO:  É o máis abundante. A maior parte do aire é Nitróxeno
  • OSÍXENO: É o segundo gas máis abundante. Os seres vivos necesitamos osíxeno do aire para respirar.
  • DIÓXIDO DE CARBONO: Prodúceno os seres vivos ao respirar e tamén o contén o fume producido polas fábricas, os coches e os incendios.
  • VAPOR DE AUGA: É a auga en estado gasoso. O aire contén máis vapor de auga nos lugares húmidos.


PROPIEDADES DO AIRE
O aire non ten cor nin sabor , pero ten outras propiedades importantes , e son as seguintes:
  • O aire pesa . Un balón pesa máis cando está inflado 
  • O aire ocupa un lugar. Si queremos encher una botella de auga e ten aire dentro , a auga non entra na botella ata que todo o aire saia .
  • O aire non ten forma fixa. Se un globo ten forma de corazón e metemos o aire no globo, o aire adoptará forma de corazón , pero se o metemos nunha roda, adoptará a forma da roda. 

PARA QUE SERVE O AIRE?

·       -  É imprescindible para que respiren os seres vivos.
·       -  Permiten que voen algún animais, como as aves, e aparellos coma os avións.
·       - Os sons viaxan a través do aire ata os nosos oídos.
·      -   O osíxeno do aire é imprescindible para que un obxecto ou material arda.


A ATMOSFERA

É a capa de gases que envolve a Terra e que contén o aire que necesitamos para vivir.
Está formada por varias partes, as máis próximas á Terra son:

·        ´- A TROPOSFERA: É a máis próxima á superficie da Terra e a que ten máis osíxeno e vapor de auga .  Nela prodúcense os fenómenos atmosféricos. Nesta capa desplázanse os globos tripulados (aerostáticos) e os avións comerciais.
·        - A ESTRATOSFERA: Está sobre a troposfera. Ten menos aire, e polo tanto, menos osíxeno. Alí sitúanse os globos meteorolóxicos (para tomar medicións meteorolóxicas). Na zona máis alta da estratosfera está a capa de ozono, que nos protexe dos raios perxudiciais.
·       -  A MESOSFERA: Sitúase sobre a estratosfera. Nela desintégranse a maior parte dos meteoritos , pasando a ser estrelas fugaces.
·     -  A TERMOSFERA: Situada por riba da mesosfera. Nesta capa prodúcense as auroras boreais . A partir desta capa pódense atopar orbitando satélites e transbordadores espaciais.

Aquí vos deixamos tamén o video de Eduteca .

Ningún comentario:

Publicar un comentario