venres, 12 de maio de 2017

A localidade e a poboación

Esta é a unidade que estamos a ver en Ciencias Sociais na actualidade.Pensamos que as actividades deste LIM son moi axeitadas para que vaiades preparándoa dende a casa de forma divertida. Podedes realizalas todas a excepción do grupo de exercicios que van dende a páxina 30 á 45, da 46 á 47 podedes volver a traballar cuns quebracabezas: 
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363260140/contido/localidade_poboacion/localidade_poboacion.html

 Aquí tedes ademáis unha páxina fundamental para aprender máis sobre a vosa localidade e sobre o voso concello, a do Concello de Culleredo: http://www.culleredo.es/


Ademáis tedes o Google Street View , co que podedes ver no mapa aquelas localizacións que precisedes , únicamente tedes que escribir o enderezo e premer en "search" na parte superior da páxina. http://street360.net/spain/galicia/culleredo_a-coruna.php Dentro da imaxe podedes xirar , alonxarvos... 

Lembrade fixarvos moito por onde pasades cando vos movades dun lugar a otro dentro do concello, nese itinerario igual vos atopades cun dos elementos que estamos a ver na clase, como " A Ponte do Burgo " ou os " Muíños de Marea de Acea da Ama".


 
 





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario