martes, 22 de novembro de 2016

SINÓNIMOS Y ANTÓNIMOS



Dos palabras son sinónimas cuando tienen el mismo significado.
Ej: "Bello" significa lo mismo que "hermoso"


Dos palabras son antónimas cuando significan lo contrario.
Ej: "Alto" es lo contrario de "bajo"

Y ahora, como lo mejor para aprender a reconocer este tipo de palabras es practicar , aquí os dejamos un enlace en el que encontrareis varios juegos que os lo harán mucho más ameno. ¡A entrenar mentes!

https://luisamariaarias.wordpress.com/lengua-espanola/tema-2/sinonimos-y-antonimos/ 
 
 

OS OCÉANOS E OS CONTINENTES

OS OCÉANOS:

 Os Océanos son grandes masas de auga salgada. Cobren a meirande parte da superficie terrestre.
Todos os océanos están comunicados entre si. 
Hai cinco grandes océanos:
  • O océano Pacífico , o máis extenso da Terra.
  • O océano Atlántico, o segundo en extensión . Baña as costas de España.
  • O océano Índico, é o que ten as augas máis cálidas.
  • O océano Glacial Ártico , ten as augas moi frias.
  • O océano Glacial Antártico, ten as augas case xeadas.
O fondo dos océanos non é liso. Hai montañas, chairas e fosas, ao igual que na terra firme. 


OS CONTINENTES

Os continentes as grandes extensións de terra que se levantan enriba dos océanos.Ocupan unha cuarta parte da superficie terrestre.
Son seis :
  • América , o máis longo , exténdese dende o Polo Norte ata o Polo Sur .
  • Europa, o continente onde nos atopamos.
  • Asia, o máis extenso.
  • África, o continente máis cálido.
  • Antártida, cuberto por xeo.Vai tanto frio que está deshabitado.
  • Oceanía, é o menor dos continentes e conta con moitas illas. 

Isto é todo o que vimos na clase acerca dos continentes e mais dos océanos, agora toca "entrenar a nosa mente" cos seguintes xogos :

http://www.yoestudio.cl/sites/default/files/html5_ODA07/index.html
http://2015mibaulderecursos.blogspot.com.es/2016/11/juegos-para-trabajar-con-continentes-y.html?spref=pi&m=1

Temos todo claro? Seguro? ... Pois unha vez aprendido e lembrando que  traballamos e aprendemos seguindo a teoría da existencia de seis continentes (hai teorías que eliminan a Antártida por estar deshabitada), é hora de ver este divertido video, onde nos explican aínda máis cousiñas e ademais podemos cantar unha canción moi pegadiza. Agardamos que vos guste ! 

martes, 15 de novembro de 2016

A Terra e as súas capas

O planeta Terra está formado por catro capas diferentes:
  • A ATMOSFERA:  ou capa de aire que rodea o planeta. Parte branca que se ve desde o espacio.
  • A HIDROSFERA: ou conxunto de toda a auga da Terra. Parte azul que se ve desde o espacio.
  • A BIOSFERA: ou conxunto dos seres vivos que habitan a Terra. As plantas son as que forman as manchas verdes que se ven na Terra desde o espacio.
  • A XEOSFERA: é a bóla de rocha e metal que quedaría se quitásemos as outras partes anteriormente citadas. É visible onde non a cobren a auga ou as plantas, e desde o espacio vemola de cor marrón.
Nesta nova  unidade aprenderemos todo o relativo a elas, aquí vos deixamos uns videos como adianto:







venres, 4 de novembro de 2016

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Estamos a ver estes días a función de nutrición e os aparatos que nela interveñen. Aquí vos deixamos información por si lle queredes dar un repaso na casa. 


O APARATO DIXESTIVO : Permítenos transformar os alimentos en substancias nutritivas que o corpo pode asimilar. O estómago é un dos seus órganos. O APARATO RESPIRATORIO: Permítenos respirar. Obtén osíxeno do aire e expulsa dióxido de carbono como refugallo. Os pulmóns son os órganos máis importantes. O APARATO CIRCULATORIO Transporta a través do sangue as substancias nutritivas e o osíxeno a todo o corpo. Tamén recolle as substancias de refugallo e as transporta ao aparato excretor. O órgano principal é o corazón , que bombea o sangue por todo o corpo. O APARATO EXCRETOR Expulsa as substancias de refugallo do interior do corpo cara ao exterior. Os riles son os órganos máis importantes. Na semana próxima seguiremos informando!

xoves, 3 de novembro de 2016

Fases lunares



Observade ben estas imaxes e mirade os videos para ser expertos en fases lunares, xa vedes que hai moitos trucos para recordar como se chama a lúa en cada unha delas.



 Agora que xa sabemos todos os segredos sobre as fases da lúa estamos preparados para entrenar con estes xogos:

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/octubre/Anabel_F/universo/U03_061_03_AI-Fases_de_la_luna/visor.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/febrero/tema3/actividades/cono/2epcmcp_ud8_act2/actividad.swf

mércores, 2 de novembro de 2016

Samaín e Magosto 2016

Aquí vos deixamos unha mostra en imaxes de cómo celebramos no cole tanto o Samaín coma o Magosto durante a semana pasada.
Engalanamos as nosas estancias con obxectos relativos a cada celebración, e por suposto, coas cabazas tan xeitosas que as familias decoráchedes nas vosas casas.


Ademais disto, visitamos a tenebrosa "Cova de Samaín" á que non lle faltou detalle , e onde escoitamos a historia do Lobishome , entre outras , relatada no noso caso pola mestra Elena.


O venres, a partires do primeiro recreo, disfrutamos dunha sesión de xogos populares, na que os pequenos o pasaron, como non, " de medo ".
E xa despois de comer no comedor os postres tan ricos que chegaron das vosas cociñas , xuntámonos todos no patio para comer as castañas e celebrar así o Magosto.


Como vedes, foron uns días cheos de emocións , sorpresas e alegría.
Moitas grazas pola vosa colaboración!



xoves, 13 de outubro de 2016

MOVEMENTOS DA TERRA: ROTACIÓN E TRANSLACIÓN

Movementos da Terra ( tomado de:  Espazo Abalar )
  • Rotación. A Terra xira sobre o seu eixe. Isto dura 24 horas e é responsable da sucesión dos días e das noites. Os puntos da Terra móvense de oeste a leste. O Sol sae polo leste.
 

  • Translación. A Terra describe unha órbita arredor do Sol, e tarda 365 días e 6 horas en completala. Este movemento e mais a inclinación do eixe de rotación son responsables das estacións. Para que as estacións coincidan sempre cuns días determinados fixouse que cada catro anos, un deles leve 366 días, o que se coñece como ano bisesto.
 








MOVEMENTO DE ROTACIÓN:




MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN:



OUTROS VIDEOS INTERESANTES ACERCA DOS MOVEMENTOS DA TERRA:

Aquí poderedes facer un repaso e autoavaliación ao tempo que xogades:
http://conteni2.educarex.es/mats/14393/contenido/

E pinchando neste enlace atoparedes actividades online (tras clicar en "abrir recurso " en letras azuis á dereita da pantalla) nas páx 22 á 24  http://es.tiching.com/la-tierra/recurso-educativo/31317

martes, 11 de outubro de 2016

martes, 4 de outubro de 2016

UNIDADES, DECENAS Y CENTENAS - Repasamos Segundo de Primaria

Este primer mes del curso hemos estado repasando contenidos que ya vimos en cursos anteriores. En el caso de Matemáticas, no podíamos dejar de lado el repaso a las unidades, decenas y centenas.
En este enlace está todo muy bien resumido y además podeis practicar lo que ya sabeis.


El Abecedario

Recordamos las letras que forman el Abecedario en castellano:


Si pinchais en el siguiente enlace podeis jugar a colocar palabras según su orden alfabético: http://genmagic.org/lengua3/oa1c.swf

 

O Abecedario

Lembramos as letras que forman o Abecedario en galego:




O Corpo Humano - As partes do corpo humano


luns, 3 de outubro de 2016

Os Planetas están desordenados ...quen os ordenará?




 
Como sabedes na casa, estes días estamos a coñecer o Sistema Solar.



 Aquí deixamos uns enlaces moi divertidos para aprender xogando como se organiza .

Podedes aprender moitas máis cousas nos seguintes:


E por último podedes facer unha autoavaliación:

xoves, 29 de setembro de 2016

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE!

Ola familias, benvidos ao noso novo blogue : " Entrenamentes de Terceiro " .
É un blogue creado con moito cariño por nós, as titoras dos grupos de terceiro ( Laura, Mª Amparo, Gema e Cris) para que o noso alumnado teña unha axudiña extra ao chegar a casa .
Aquí deixaremos mostra daquelas cousas que pensemos que vos poden ser de utilidade para revisar o que estamos a aprender na clase, como poden ser vídeos ou enlaces a aplicacións/xogos educativos relacionados coas unidades.
Non está pensado como diario de clase, só como enlace a lugares de interese para repasar os contidos.
Agardamos que vos faga tanta ilusión coma a nós e sobre todo que lles sirva aos nenos e nenas para afianzar os coñecementos que están a adquirir durante este curso.