Estamos a ver estes días a función de nutrición e os aparatos que nela interveñen.
Aquí vos deixamos información por si lle queredes dar un repaso na casa.
O APARATO DIXESTIVO :
Permítenos transformar os alimentos en substancias nutritivas que o corpo pode asimilar. O estómago é un dos seus órganos.
O APARATO RESPIRATORIO:
Permítenos respirar. Obtén osíxeno do aire e expulsa dióxido de carbono como refugallo. Os pulmóns son os órganos máis importantes.
O APARATO CIRCULATORIO
Transporta a través do sangue as substancias nutritivas e o osíxeno a todo o corpo.
Tamén recolle as substancias de refugallo e as transporta ao aparato excretor. O órgano principal é o corazón , que bombea o sangue por todo o corpo.
O APARATO EXCRETOR
Expulsa as substancias de refugallo do interior do corpo cara ao exterior. Os riles son os órganos máis importantes.
Na semana próxima seguiremos informando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario