martes, 31 de marzo de 2020

APETÉCEVOS UNHA DE EXPERIMENTOS?


O alumnado de segundo curso do Grao de Maestro de Educación Primaria da Universidade de Salamanca, elaborou un libro de experimentos para tomar contacto coa ciencia de forma lúdica, é dicir gozando da actividade , coma se fose un xogo.

Nel, xuntaron varias receitas científicas sinxelas coas que poderemos aprender a realizan un montón de experimentos.

Existen experimentos para todos os cursos de Primaria. A cada experimento lle corresponde unha ficha. A ficha, por un lado, ten as instrucións e, por outro lado, a explicación de porque sucede.

Cada ficha ten un link para ver a realización do experimento.

Link Libro 1. Experimentos para 1º, 2º e 3º de Primaria


Link Libro 2. Experimentos para 4º, 5º e 6º de Primaria

Link lista videos YouTube
http://tiny.cc/pvuslz

Aquí tedes un exemplo dos experimentos que propoñen : " A cortiza mergulladora"


OLLO: Lembrade que se os ides facer, debedes facelo acompañados por un adulto responsable.
#USAL #ESTEVIRUSPARÁMOLOUNIDOS

luns, 30 de marzo de 2020

Rockeando na casa, con Pakolas

Levamos xa un tempiño pechados e pechadas na casa e hai momentos que apetece desfogar un chisco, non si?
Pois para iso, e con permiso da mestra Patri, nada mellor que unha boa sesión de Rock caseiro. E con quen mellor que co noso amigo Paco Cerdeiras Pakolas (que ademáis o temos ven cerquiña do cole)?
De seguro que o coñecedes ben, ás veces a mestra Cris deixa escoitalo baixiño cando a tarefa o permite, xa que ela é moi fan.
Pois nada, a gozar a tope, chimpar, choutar e bailar todas as súas cancións de animais ! 
Deixamos o vídeo da súa participación no Salón do Libro de Pontevedra.  #Rockeandonacasa

 

Xa nos diredes cal é a que máis vos gusta.
Deica a próxima entrada !

domingo, 29 de marzo de 2020

A EDUCACIÓN EN GALEGO CONTINÚA

Ola de novo, co voso permiso, adicamos esta entrada a un proxecto moi especial que nos gustaría que coñecerades e que , de seguro, é do voso interese: "Aulas Galegas"
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 ofrecen unha axuda educativa á sociedade.
Aulas GalegasAulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas.
A intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.
Para o alumnado e as súas familias publicarase cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiranse contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.
Para o profesorado hai unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.
Estamos na casa pero non estamos parados.
A educación en galego continúa.!

ADOPTAMOS UN ANIMAL VIRTUAL ?

Aquí estamos de volta. Esta vez, para presentarvos algo xenial que atopou a mestra Sandra navegando por Internet.
Estamos seguras de que animará estes días que estades a pasar na casa. Consiste na adopción dun animal virtual.
Mirade o vídeo para saber como facelo.





Grazas a esta divertida función de Google, poderedes ver na vosa casa aos seguintes animais (teredes que escribir o nome en castelán):
- León - Escribe tamén "animal" para velo.
- Tigre
- Leopardo
- Tiburón
- Erizo
- Pato
- Pingüino Emperador
- Lobo
- Cabra
- Rottweiler
- Serpientes
- Águila
- Oso
- Caballo
- Poni
- Tortuga
- Gato
- Pulpo
- Perro
- Oso Panda
- Alligator

A que esperades ? Coco xa escolleu con quen pasar o seu confinamento .



Deica a próxima entrada!

mércores, 25 de marzo de 2020

NON TE COÑEZO MAIS...

Moi boas, hoxe queremos presentarvos unha iniciativa social moi bonita, que consiste en enviar cartas ás persoas que están illadas facéndolle a súa estadía no hospital ou no centro onde se atopen, máis amena.

Animámosvos a todos e todas a que escribades unha carta para mandar ánimo e cariño a todas esas persoas que tanto o precisan agora mesmo.

A páxina da opción a adxuntar documento , polo que o podedes facer en papel , dixitalizalo e envialo cun debuxo ben bonito e alegre, deses que facedes tan ben e que me gustan tanto.

Aquí queda o link á súa páxina web con toda a información. https://www.noteconozcopero.org/
 Lembrade non dar datos persoais coma poden ser o voso enderezo ou apelidos , tan só poñede a data como facemos na escola, saudade, escribide palabras de ánimo , despedídevos e asinadea.

De seguro que lles chegará toda a vosa forza e cariño e iso fará que se recuperen o antes posible.

Unha aperta moi forte da nosa parte e tamén de Coco .

#noteconozcopero #nontecoñezomais #solidariedade #quedamosnacasa

COMO ESTÁN A VIVIR OS BOLECHAS O DE QUEDAR NA CASA?

Atención nenas e nenos: Carlos , Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa tamén quedan na casa e teñen moito que contarnos. Mirade :






Primeiro de todo, os nosos amigos Os Bolechas ,nos dan un consello, é moi importante lavarnos as mans varias veces ao día. Debemos facelo tal e como nolo contan neste vídeo:





Xente pequena e grande da casa, quedando estas semanas na casa abrimos raiolas a un tempo mellor, tamén máis solidario.





Este tempo no que exercemos a solidariedade dende as nosas casas tamén é unha magnífica oportunidade para compartirmos momentos, para traballar en común e para aprender, como fan Os Bolechas.





Ata aquí vos podemos contar , seguiremos informando! #EuQuedoNaCasaComaOsBolechas

#EUQUEDOLENDO

Son moitas as empresas que saben o difícil que están a ser estes momentos para todos, por iso están a ter iniciativas tan chulas coma esta de Baía Edicións.
Eles están convencidos de que a única forma de voltar o antes posible á nosa rutina diaria está na limitación dos movementos, é dicir, quedando na casa. Por iso decidiron tomar un descanso no envío de libros. 
Na súa páx web podemos ler isto:
"Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña"#euquedolendo #baíaconnósnacasa
Tendo en conta o que nos piden (facer uso responsable e respectar as obras dos autores, que tan xenerosamente nos prestan), podedes descargar aqueles libros que vos interesen de entre esta listaxe:

Propostas de lectura

Para 4-6 anos:
  • Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
    Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
  • O dragón comemedoRuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.
Para 7-8 anos:
Para 9-10 anos:
  • Boa sorte, de María SolarArturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
  • Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.
Para maiores de 12 anos:
  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González OutesDESCARGA.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
  • Liliput, de Manuel Lugrís RodríguezDESCARGA.
    A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino

Ademais desta proposta, tamén podedes entrar na plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas Galegas  "Galiza le" e ler libros coma "O agasallo de Anya" de Sabela Núñez Singala, entre outros. Iso sí, terás que ter o carné dalgunha das Bibliotecas da rede, non obstante, de non telo, daranvos unhas claves para que vos rexistredes e podades acceder.




E co que vos gusta o xornal "O PAPAGAIO" de Edicións Moito Conto, non podedes deixar de ler os xornais que nos deixan en formato dixital .
Premede na imaxe para acceder a eles.
O PAPAGAIO

           
Se non tedes gana de ler, mais tedes gana de que vos conten un conto, en Kalandraka Tv poderedes acceder á  sección de vídeos CONTOS CONTADOS.
A min o que máis me gusta é Garavanciño porque (ao igual que lle pasa a Olalla, a persoa que volo vai contar) a min tamén mo contaba a miña avoa cando era pequerrechiña. Cóntanvolos tanto en galego como en castelán.

Non obstante se aínda con iso non atopades o que buscades, durante o tempo que dure o confinamento por coronavirus, a páxina de audiolibros de Amazon permite de forma gratuíta acceder aos libros, que están en varios idiomas.
A páxina é a seguinte www.storiesaudible.com   este enlace lévavos aos contos en español.

Se sodes máis dun bo espectáculo, A xanela do Maxín, presenta "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"



Ou ben podedes visitar a TEATROTECA 
Trataremos de actualizar a listaxe ou enlaces para que teñades máis onde elexir, segundo nos vaia chegando información nova.


Seguide lendo , que Olegario se poña moi contento! 
Ah! Visitade de cando en vez o blog da biblioteca para non perder ningunha nova. www.corazondetarrio.blogspot.com

Vémonos prontiño . 

martes, 24 de marzo de 2020

NOVO RETO

Como sabemos que gustades moito dos retos e tamén da lectura, pensamos que vos encantarían estes dous libros da Biblioteca de Miss McHaggis.
Son conto-xogos en castelán, no texto agocharon unha frase secreta con palabras escritas con erros ortográficos que tedes que descubrir.
Atrevédesvos a intentalo?
Os contos pódense descargar gratuitamente na páxina web de WeebleBooks, alí poderedes atopar outros do voso interese.
Pinchade nas imaxes para ler os libros sen descarga.

Que gocedes da aventura ! 

luns, 16 de marzo de 2020

Facemos unha visita virtual

Estes días estamos a vivir unha situación excepcional, agardamos que todo isto se normalice o antes posible.
Temos a obriga de quedar na casa para protexernos e tamén pola seguridade dos nosos seres queridos, sobre todo dos máis vulnerables, pero iso non indica que non podamos facer saídas educativas, iso si, online.
Navegando polas redes sociais atopamos unha páxina chamada "Torre de Hércules" que nos informa de que,  mañá martes 17 de marzo, ás 12h  farase unha visita virtual guiada polo noso faro romano.
Para poder facela , teredes que estar en compañía dun adulto con conta nesa rede social (Facebook).
Agardamos que funcione axeitadamente e que sexa do voso agrado.
Deixamos captura de pantalla coa información .
Actualizado : 
Enlace á visita guiada adaptada para nenos e nenas https://www.facebook.com/torredehercules/videos/628475134639418/?vh=e&d=n




Ademais de gozar destas visitas , recomendamos outras opcións, tamén interesantes:

1. Pinacoteca di Brera - Milano https://pinacotecabrera.org/

2. Galleria degli Uffizi - Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

3. Musei Vaticani - Roma http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html

4. Museo Archeologico - Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/

5. Prado - Madrid https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

6. Louvre - Parigi https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne

7. British Museum - Londra https://www.britishmuseum.org/collection

8. Metropolitan Museum - New York https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage - San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj

10. National Gallery of art - Washington https://www.nga.gov/index.html


13. Planetario Ceslestia https://celestia.es/

14. Planetario Google Sky https://www.google.com/intl/es_es/sky/

15. Plataforma de Google para explorar museos do mundo https://artsandculture.google.com/

16. As 7 marabillas do mundo http://www.panoramas.dk/7-wonders/


18. Zygote O corpo virtual https://www.zygotebody.com/




22. Visita Marte https://www.google.com/mars/




29. Audioguías Infantiles (CANAL DE YOUTUBE) Del Museo del Prado https://www.youtube.com/playlist?list=PL8S8EUbs69xK5gr2N12d8qnHpcNZQTTQ6

Moitos dos recursos , case todos, están en inglés aínda con todo , se facedes as visitas coa vosa familia, de seguro que algunha das propostas resultaranvos interesantes.
Seguiremos actualizando esta listaxe de suxerencias. 
Deica a próxima entrada!

venres, 13 de marzo de 2020

Coronavirus para niños - Vídeo


Aquí estamos de nuevo, Happy Learning ha creado este vídeo corto para explicar a nuestro alumnado qué es el coronavirus, cómo se contagia y cómo evitarlo.
Esperamos que sirva de ayuda .