mércores, 25 de marzo de 2020

#EUQUEDOLENDO

Son moitas as empresas que saben o difícil que están a ser estes momentos para todos, por iso están a ter iniciativas tan chulas coma esta de Baía Edicións.
Eles están convencidos de que a única forma de voltar o antes posible á nosa rutina diaria está na limitación dos movementos, é dicir, quedando na casa. Por iso decidiron tomar un descanso no envío de libros. 
Na súa páx web podemos ler isto:
"Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña"#euquedolendo #baíaconnósnacasa
Tendo en conta o que nos piden (facer uso responsable e respectar as obras dos autores, que tan xenerosamente nos prestan), podedes descargar aqueles libros que vos interesen de entre esta listaxe:

Propostas de lectura

Para 4-6 anos:
  • Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
    Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
  • O dragón comemedoRuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.
Para 7-8 anos:
Para 9-10 anos:
  • Boa sorte, de María SolarArturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
  • Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.
Para maiores de 12 anos:
  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González OutesDESCARGA.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
  • Liliput, de Manuel Lugrís RodríguezDESCARGA.
    A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino

Ademais desta proposta, tamén podedes entrar na plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas Galegas  "Galiza le" e ler libros coma "O agasallo de Anya" de Sabela Núñez Singala, entre outros. Iso sí, terás que ter o carné dalgunha das Bibliotecas da rede, non obstante, de non telo, daranvos unhas claves para que vos rexistredes e podades acceder.




E co que vos gusta o xornal "O PAPAGAIO" de Edicións Moito Conto, non podedes deixar de ler os xornais que nos deixan en formato dixital .
Premede na imaxe para acceder a eles.
O PAPAGAIO

           
Se non tedes gana de ler, mais tedes gana de que vos conten un conto, en Kalandraka Tv poderedes acceder á  sección de vídeos CONTOS CONTADOS.
A min o que máis me gusta é Garavanciño porque (ao igual que lle pasa a Olalla, a persoa que volo vai contar) a min tamén mo contaba a miña avoa cando era pequerrechiña. Cóntanvolos tanto en galego como en castelán.

Non obstante se aínda con iso non atopades o que buscades, durante o tempo que dure o confinamento por coronavirus, a páxina de audiolibros de Amazon permite de forma gratuíta acceder aos libros, que están en varios idiomas.
A páxina é a seguinte www.storiesaudible.com   este enlace lévavos aos contos en español.

Se sodes máis dun bo espectáculo, A xanela do Maxín, presenta "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"



Ou ben podedes visitar a TEATROTECA 
Trataremos de actualizar a listaxe ou enlaces para que teñades máis onde elexir, segundo nos vaia chegando información nova.


Seguide lendo , que Olegario se poña moi contento! 
Ah! Visitade de cando en vez o blog da biblioteca para non perder ningunha nova. www.corazondetarrio.blogspot.com

Vémonos prontiño . 

Ningún comentario:

Publicar un comentario