domingo, 29 de marzo de 2020

A EDUCACIÓN EN GALEGO CONTINÚA

Ola de novo, co voso permiso, adicamos esta entrada a un proxecto moi especial que nos gustaría que coñecerades e que , de seguro, é do voso interese: "Aulas Galegas"
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 ofrecen unha axuda educativa á sociedade.
Aulas GalegasAulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas.
A intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.
Para o alumnado e as súas familias publicarase cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiranse contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.
Para o profesorado hai unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.
Estamos na casa pero non estamos parados.
A educación en galego continúa.!

Ningún comentario:

Publicar un comentario