luns, 15 de xuño de 2020

Despedida do curso 2019-2020, o ano que aprendemos a estudiar en tempos de Coronavirus. Xogos Reunidos.

Ola nenas e nenos ! 
Este fin de curso será moi raro, xa que mesturamos sentimentos confrontados: alegría por rematar e empezar as vacacións, pero tamén tristeza, xa que levamos moito tempo sen vernos, con moitas preocupacións e ademais non podemos despedirnos fisicamente, nin darnos unha grande aperta.

A final de semana faremos unha videochamada, xa iremos achegando instrucións ás vosas familias, iso sí, teredes que estar preparados para gardar o turno e escoitar atentamente, xa que de non ser así, non nos escoitaremos e sería unha pena. Intentade preparar un pequeno texto para saber o que queredes contarnos a nós e aos vosos compañeiros e compañeiras de clase.

Desta volta, non deixamos unha axenda de tarefas, é unha semana especial. Si queremos que vexades uns vídeos de Ciencias para completar os contidos que estaban programados para este curso:

- DA PREHISTORIA Á HISTORIA . AS IDADES DO HOME:



- FORZA E MOVEMENTO.



- O TEMPO ATMOSFÉRICO:


- SECCIÓN BOLECHAS E RECICLAXE




Pero o mellor deixámolo para o final ...
Fixemos unha recompilación de XOGOS, tanto educativos, como de lecer, os nosos  "XOGOS REUNIDOS". Agardamos que sexa do voso agrado e que vos sirva de axuda tanto para repasar como para divertirvos.
Como mostra, agasallámosvos cun xogo ao estilo de Onde está Wally, so que teredes que atoparnos a nós 🧐.




PANEL DOS XOGOS REUNIDOS


Bicos a moreas e unha aperta xigantesca das vosas mestras .
Vémonos ao final da semana!

Cris e Sandra 

Ningún comentario:

Publicar un comentario