Pincha neste enlace e escribe a túa carta. 😉
Entrenamentes
xoves, 14 de outubro de 2021
mércores, 17 de xuño de 2020
Preparados para o convite de fin de curso? Aquí vos deixamos o menú de intervención para que vaiades practicando 😉🎉
Ola de novo!
Aquí estamos outra vez para achegarvos o "Menú da videochamada de fin de curso".
Pareceunos axeitado organizar un pouco as intervencións para que todos e todas teñades as mesmas oportunidades de falar, xa que a duración é dunha hora.
Se algún ou algunha de vós prefire non falar ou que non se lle vexa por motivos de timidez ou porque non tedes permiso das vosas familias, podedes acceder co micro e/ou video pechado, ou poñer un cartel coas vosas receitas para o menú para que o podamos ver os demáis.
Este "Menú" consistirá nun entrante , no que contaredes algo que vos gustou moito deste curso ou que lembrades con moita ilusión. A continuación haberá un prato único e teredes que escoller entre chiste, adiviña ou descrición (calquera das tres opcións ten que ser curta) , e por último pero non menos importante , a sobremesa, na que agardamos que nos digades o voso desexo para o curso que ven.
Lembrade ter os vosos pratos preparados para que non vos xoguen unha mala pasada os nervios, e cumprir as normas de intervención , é moi importante para nos escoitar ben e para que podamos participar todos e todas.
Achegámosvos tamén o vídeo dos retos para que podades velo sen ter que estar pedindo o teléfono ás vosas familias . Dicirvos que estamos moi contentas coa participación e o nivel, sodes insuperables!
E xa por último, e a petición de varias familias, comentarvos que o venres achegaremos un documento con opcións/propostas de repaso para o verán, onde a nosa recomendación fundamental é que gocedes do tempo de descanso e lecer , do aire libre, pero sobre todo , do tempo de calidade xunto aos vosos seres queridos.
Bicos a moreas e unha aperta enorme das vosas mestras .
Querémosvos !
luns, 15 de xuño de 2020
Despedida do curso 2019-2020, o ano que aprendemos a estudiar en tempos de Coronavirus. Xogos Reunidos.
Ola nenas e nenos !
Este fin de curso será moi raro, xa que mesturamos sentimentos confrontados: alegría por rematar e empezar as vacacións, pero tamén tristeza, xa que levamos moito tempo sen vernos, con moitas preocupacións e ademais non podemos despedirnos fisicamente, nin darnos unha grande aperta.
A final de semana faremos unha videochamada, xa iremos achegando instrucións ás vosas familias, iso sí, teredes que estar preparados para gardar o turno e escoitar atentamente, xa que de non ser así, non nos escoitaremos e sería unha pena. Intentade preparar un pequeno texto para saber o que queredes contarnos a nós e aos vosos compañeiros e compañeiras de clase.
Desta volta, non deixamos unha axenda de tarefas, é unha semana especial. Si queremos que vexades uns vídeos de Ciencias para completar os contidos que estaban programados para este curso:
- DA PREHISTORIA Á HISTORIA . AS IDADES DO HOME:
- FORZA E MOVEMENTO.
- O TEMPO ATMOSFÉRICO:
- SECCIÓN BOLECHAS E RECICLAXE
Pero o mellor deixámolo para o final ...
Fixemos unha recompilación de XOGOS, tanto educativos, como de lecer, os nosos "XOGOS REUNIDOS". Agardamos que sexa do voso agrado e que vos sirva de axuda tanto para repasar como para divertirvos.
Como mostra, agasallámosvos cun xogo ao estilo de Onde está Wally, so que teredes que atoparnos a nós 🧐.
PANEL DOS XOGOS REUNIDOS
Bicos a moreas e unha aperta xigantesca das vosas mestras .
Vémonos ao final da semana!
Cris e Sandra
domingo, 7 de xuño de 2020
Programación das tarefas do 8 ao 12 de xuño. Entramos na 3ª fase! ✨
Esta semana é unha semana moi especial, unha semana cargada de esperanza, xa que entramos na terceira fase do confinamento, iso indica que estamos moi cerca da normalidade.
Así que xa sabedes, gozade dos novos "privilexios" pero tendo en conta as medidas necesarias, é dicir, con sentidiño, que as ganas de apertar ben forte e de vervos son insoportables de levar...
Dito isto, aquí deixamos a programación das actividades para esta semana. Xa sabedes que imos estar reuníndonos coas vosas familias, así que é posible que baixemos un pouco a velocidade de resposta, pedimos desculpas anticipadamente.
Tamén achegamos o recordatorio do que as vosas familias deben ter en conta antes de ir á reunión, que xa enviamos o venres por Telegram.
Apertas súper fortes e bicos a moreas das vosas mestras,
Cris e Sandra ⭐❤😘
luns, 1 de xuño de 2020
TAREFAS PARA ESTA SEMANA
Bo día!
Aquí vos deixamos a programación para esta semana.
https://view.genial.ly/5ed21ca89be45e112004d116/interactive-image-tarefas-semana-do-1-ao-5-de-xuno
https://view.genial.ly/5ed21ca89be45e112004d116/interactive-image-tarefas-semana-do-1-ao-5-de-xuno
Bicos para todos e todas,
Cris e Sandra ⭐❤😘
venres, 29 de maio de 2020
⭐️ RETO: COMPARTE O TEU PASEO NUNHA CONTORNA NATURAL ⭐️
Achégase o día Mundial do Mediambiente, o 5 de xuño, e para conmemoralo, e despois do tempo de confinamento pasado nos nosos fogares, queremos inundar o noso álbum de imaxes dos vosos paseos pola natureza durante este tempo de desescalada (sempre coidando as precaucións).
Aproveitade que vai bo tempo, empeza a fin de semana e non tedes tarefa, para sacar fotos en lugares que vos agraden, logo elixide as que máis vos gusten e compartídeas neste álbum: OS NOSOS PASEOS DURANTE A DESESCALADA.
Se as vosas familias teñen redes sociais e queren participar no movemento, que suban as fotos co cancelo #PASEONATURAL
📸 Agardamos polas vosas fotos. Seguro que descubrimos lugares cheos de maxia ⭐.
☀️🌳🌱🌹🐚🏝☀️
Un bico enorme das vosas mestras, querémosvos! ❤😘
xoves, 28 de maio de 2020
UTILIZAMOS AS FICHAS DE LECTURA PARA COMPARTIR AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE O QUE ESTAMOS A LER
Ola Súper lectores de terceiro!
Como lembraredes, na Biblioteca de Aula da escola, tiñamos unhas fichas de lectura que se completaban despois de rematar os vosos libros e posteriormente gardábanse nunha carpetiña para que todos e todas tiveramos acceso a súa consulta.
É un bo xeito de elixir cal será a nosa próxima lectura, xa que nos da un resumo do que imos ler e ademais leva unha puntuación para saber se gustou pouco ou moito.
Este tipo de consultas fanse moito en Internet, cando queres ver unha serie, unha película, un libro ou mesmo mercar un obxecto...nós facémolo de forma escrita, pero aínda que todos estamos na casa, poderémolo consultar, porque podedes subir as vosas fichas a este álbum de OPINIÓNS LECTORAS !
Por se algún ou algunha quere recuperar ese hábito e colaborar para ter máis información (xa sabemos que sí, porque algunha familia preguntou por ela) enviamos un modelo de ficha de lectura suxerido por Olegario.
De todos modos, podedes deixar voar a vosa imaxinación e crear a vosa ficha especial para cada lectura... Quen di que a ficha da Casiña de chocolate non podería ter forma de casa en 3D?
Sería xenial ver que sodes quen de crear!
É unha actividade totalmente voluntaria, pero se a realizades, tedes que facelo con moi boa caligrafía, fixándovos na ortografía e de xeito creativo, para que chame moito a atención e se vexa facilmente.
A ver quen é o primeiro ou a primeira en estrear o álbum!
Bicos de Sandra e Cris ❤⭐😘
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)