xoves, 28 de maio de 2020

UTILIZAMOS AS FICHAS DE LECTURA PARA COMPARTIR AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE O QUE ESTAMOS A LER

Ola Súper lectores de terceiro!

Como lembraredes, na Biblioteca de Aula da escola, tiñamos unhas fichas de lectura que se completaban despois de rematar os vosos libros e posteriormente gardábanse nunha carpetiña para que todos e todas tiveramos acceso a súa consulta.

É un bo xeito de elixir cal será a nosa próxima lectura, xa que nos da un resumo do que imos ler e ademais leva unha puntuación para saber se gustou pouco ou moito.

Este tipo de consultas fanse moito en Internet, cando queres ver unha serie, unha película, un libro ou mesmo mercar un obxecto...nós facémolo de forma escrita, pero aínda que todos estamos na casa, poderémolo consultar, porque podedes subir as vosas fichas a este álbum de OPINIÓNS LECTORAS !


Por se algún ou algunha quere recuperar ese hábito e colaborar para ter máis información (xa sabemos que sí, porque algunha familia preguntou por ela) enviamos un modelo de ficha de lectura suxerido por Olegario.
De todos modos, podedes deixar voar a vosa imaxinación e crear a vosa ficha especial para cada lectura... Quen di que a ficha da Casiña de chocolate non podería ter forma de casa en 3D?
Sería xenial ver que sodes quen de crear! 

É unha actividade totalmente voluntaria, pero se a realizades, tedes que facelo con moi boa caligrafía, fixándovos na ortografía e de xeito creativo, para que chame moito a atención e se vexa facilmente.

A ver quen é o primeiro ou a primeira en estrear o álbum!

Bicos de Sandra e Cris ❤⭐😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario