Empezamos nova aventura! Toca volver a debuxar pero esta vez... con versos!!
O novo reto consistirá na elaboración dun caligrama en Lingua Galega. Pero... sabedes o que é un caligrama? Trátase dun poema no que as súas palabras forman unha figura ou un debuxo sobre o que trata o poema.
A continuación podedes ver dous exemplos:
Estamos desexando descubrir os vosos caligramas!!! As mestras xa estamos pensa que pensa a ver que se nos ocorre, porque nós tamén participamos. 😉
➡️ Podedes engadir as fotos aquí, poñéndolle ao arquivo o voso nome e curso para saber de quen son ou escribilo na propia folla do caligrama : ÁLBUM CALIGRAMAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario