Desde os Museos Científicos fannos chegar esta mensaxe ao cole:
"Esperamos que vos atopedes ben de saúde e sigades con ánimo de fronte ao final do curso escolar.
Sabemos o desafío que este momento suponvos tanto a vós como ao voso alumnado, e por iso queremos estar ao voso lado.
Querémosvos axudar e imos facelo desde a nosa canle de Youtube, levándovos un anaquiño dos museos á vosa casa. Así que, a partir do próximo luns 25 de maio, retransmitiremos actividades en directo .
Cando? De luns a venres, ás 11 horas desde a Domus e ás 12:30 horas desde o Acuario.
Que? Haberá diseccións de corazón e ollo, alimentación de quenllas e focas, visita á Charca das Caricias e moito máis.
Como? Só vos tedes que conectar, á nosa canle de Youtube á hora que elixades. Estamos en www.youtube.com/casaciencias (http://www.youtube.com/casaciencias)."
Recomendamos que vos conectedes sempre que podades, será coma facer unha visita, pero dende a casa, (iso sí, hai actividades coma as diseccións de corazón e ollo que non están feitas para todos, se sabes que vai ferir a túa sensibilidade, non o mires).
Bicos para todos e todas.
Cris e Sandra ❤⭐
Ningún comentario:
Publicar un comentario