O Grupo Anaya déixanos unha serie de enlaces para que podades ler gratuitamente algúns dos seus libros.
Agora que moitos rematastes o libro suxerido "Bruxa e Familia" (do que aínda podedes pedir o código se queredes), aquí tedes máis opcións:
De seguro que algún deles encaixará co voso gusto. Botade unha ollada a "Vaia tropa!" é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler o verso do reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convídanvos a que inventedes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo. Ademais nel, aparecen caligramas, en definitiva, é algo diferente ao que acostumades a ler.
Bicos a moreas e apertas agarimosas das vosas titoras que vos queren un mundo !❤⭐😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario