sábado, 4 de abril de 2020

AÍNDA NON ESCOITAS RADIO PICARIÑA NIN VES XABARÍN CLUB ?


Radio Picariña é a primeira experiencia de radio dixital para a CRTVG cun formato similar ao de aplicacións como Spotify, que vos ofrece a posibilidade de seleccionar a música que desexedes escoitar entre todos os temas. Deste xeito, desde o reprodutor pódese navegar por toda a listaxe de cancións e elixir as que queirades oír, desde o PC ou ben desde dispositivos móbiles.

As cancións que inclúe esta emisora dixital están ordenadas de forma alfabética por título. Na información que se mostra ao usuario está o título da canción, o álbum ao que pertence e os autores da mesma. Radio Picariña é ideal para gozar dela na vosa casa, xa que tamén permite a escoita de todos os temas de xeito consecutivo.


Las 12 mejores canciones del Xabarín ClubXabarín TVG é unha canle da CRTVG  que ofrece unha programación súper divertida en galego. Se accededes desde Internet, tedes opción a elixir o que vos apeteza ver no momento, e non só iso, tamén podedes acceder a xogos, adiviñas, audiocontos...
Tamén da opción a que vos afiliedes ao Club Xabarín e a que descarguedes a súa App, nela atoparedes unha morea de vídeos de debuxos animados emitidos na canle tvG2, con creacións feitas en Galicia.
Xabarín TVG permite ver os debuxos animados 100% en galego en streaming: wifi e 3G.A APP incorpora un control parental desde os 3 anos ata os 14 e nela pódense seleccionar todas as idades ou só aquelas que as vosas familias consideren como contidos adecuados para vós.

Non vos perdades "Aquelando", "Aquelando na casa", "Xeoclip", "O Sabedoiro", "Era unha vez ...o home" ou "Era unha vez ... os exploradores"...hai tanto onde elixir!

A nós encántannos as dúas propostas, tanto Radio Picariña, como Xabarín TVG , agardamos que a vós tamén.

Deica a próxima entrada !

Ningún comentario:

Publicar un comentario