luns, 27 de abril de 2020

Xa queda menos! AXENDA DE TAREFAS PARA ESTA SEMANA

Bo día!

Estreamos unha nova forma de  presentarvos a programación das tarefas semanais. Agora teredes recollidas nunha axenda interactiva 
😎 , as actividades propostas para cada día.Recomendamos a súa visualización a pantalla completa.

Na axenda haberá elementos interactivos, como botóns ou imaxes. Saberedes cales son porque ao pasar o rato por riba, aparecerá unha etiqueta co título da tarefa á que están ligados, premede neles para poder facelas.

Por exemplo, para facer a tarefa do luns, premedes na pestaña do lado dereito “L” e así co resto dos días (Dádelle tempo a que cargue para que funcione correctamente, non tarda máis que un intre).

Unha vez que rematedes as actividades en rede que conteñen fichas (auto correctivas) , ao darlle a “Terminado" debedes escribir o voso nome e apelidos, e curso (3ºA , 3ºB ou 3ºC). Ese traballo recibirémolo tras introducir eses datos, polo que non é preciso que enviedes fotos/capturas. Se a puntuación final non é a desexable recomendamos volver a facer a ficha; non pasa nada por que recibamos varias veces a ficha dun alumno/a. Neste tipo de fichas :
Evidentemente non hai enlaces ao DECA nin aos exercicios de Snappet, iso xa é un traballo que tedes que facer sós, como habitualmente. As actividades de Snappet subirémolas á plataforma o día que vai marcado na axenda semanal
O alumnado que desexe, pode facer ampliación ou reforzo en Snappet (Diez más/Necesito ayuda/Lista de trabajo/Sigo aprendiendo).

Esta semana so mandamos tarefa ata o xoves, xa que o venres é o día da Festa do traballo . A semana que ven, empezaremos o martes , porque o día 4 de maio é festivo local.

Lembrade enviar o DECA para corrixir e aquelas actividades que presenten dificultades.


Non esquezades o voso tempo diario de lectura.


E última recomendación, pero non menos importante... tratade de atopar o voso horario ideal para traballar (nestes momentos é imposible que sexa o mesmo para todos e todas ou que sexa o da escola) e gozade da compaña da vosa familia todo o tempo que vos permitan as circunstancias.

Unha forte aperta e mil bicos virtuais das vosas titoras ! 💖⭐😘


Ningún comentario:

Publicar un comentario