Cada día 23 de Abril celébrase o Día do Libro mundialmente, co obxectivo principal de fomentar a lectura.
Esta data foi elixida porque xusto ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.
É tradición, ademais dunha boa iniciativa, agasallar cun libro aos nenos e nenas, porque pode ser o principio dun hábito moi saudable e recomendable, como é a lectura.
O máis importante é que, cada un e cada unha de vós, atopedes o voso libro ideal, que vos guste e apaixone.
Gustaránvos de temática distinta, historias de amor, aventuras, novelas de terror... Todo libro é válido para desenvolver a creatividade e a imaxinación, e iso sempre é bo.
Falando de libros... Queda algún neno ou nena que non se enterase de que nos agasallaron o libro "Bruxa e familia" de Paula Carballeira? Aínda estades a tempo de pedir o código para acceder a el. Unha vez teñades o código, poderedes lelo online ou descargalo. Tedes toda a información nunha mensaxe de Telegram enviada onte, 22 de abril.
A continuación podedes ver a xincana literaria proposta para que celebredes este día.
Estamos seguras de que o pasaredes de marabilla , cando atopamos esta xincana pensamos que pagaba a pena compartila (descoñecemos a autoría, por iso non damos os datos).
Retámosvos a facer un vídeo lendo os trabalinguas cun lapis na boca, a ver se sodes quen de lelo e que se vos entenda! #RETO
Podedes subir os vosos vídeos neste enlace 📤 que vos levará á carpeta "Reto Trabalenguas".
Neste enlace poderedes ver tamén todos os retos.
Podedes subir os vosos vídeos neste enlace 📤 que vos levará á carpeta "Reto Trabalenguas".
Neste enlace poderedes ver tamén todos os retos.
Unha aperta moi forte para todas e todos.
Botámosvos un mundo en falta !
As titoras ❤ dos Superterceiros
ACTUALIZACIÓN DO RETO
Por orde de chegada:
1º reto superado , de Dani ! 🦸♀️ . Ver vídeo ▶
2º reto superado, de Noa ! 🥈 . Ver vídeo ▶
En 3º posto temos a Thais ! 🥉 . Ver vídeo ▶
Moi de preto ven... SaraVi ! 🤩 . Ver vídeo ▶
Pisándolle os talóns, Martín !😎. Ver vídeo ▶
Incorpórase á listaxe Caro ! 👏. Ver vídeo ▶
Recén chegado .... Hugo ! 👌. Ver video ▶
Aparece no taboleiro Antía! ✌ . Ver vídeo ▶
Temos un novo reto... Laia! 🙌. Ver vídeo ▶
Dende as alturas , Celia ! 👏. Ver vídeo ▶️
Voando chegan Sandra e Cris Potter! ⚡️. Ver vídeo ▶️
Helena atrévese con dous vídeos ! 📼. Ver vídeo 1 ▶️- Ver vídeo 2 ▶️
Aquí temos a SaraVa! 🧙♂️. Ver Vídeo ▶