mércores, 29 de abril de 2020

⭐️RETO: DEBUXOS OCULTOS⭐️

Para traballar a área de plástica propoñémosvos un reto moi faciliño, pero que necesita de imaxinación e creatividade. 
Tedes que "debuxar" a partir de obxectos que tedes na casa. Si, si... con calquera obxecto. É totalmente libre!
Deixamos aquí uns exemplos e esperamos as vosas fotos cos debuxos elaborados.📸





PD: As profes tamén elaboraremos os nosos propios debuxos.😉

Estamos desexando ver as vosas creacións!!! Seguro que serán moi orixinais!

➡️ Podedes engadir as fotos aquí, poñéndolle ao arquivo o voso nome e curso para saber de quen son: https://photos.app.goo.gl/aJAGgeHHjJqwoY1h9 , neste enlace tamén poderedes acceder ao álbum...xa están chegando verdadeiras obras de arte (actualizado).


 

Cristina e Sandra ⭐️❤️

luns, 27 de abril de 2020

Xa queda menos! AXENDA DE TAREFAS PARA ESTA SEMANA

Bo día!

Estreamos unha nova forma de  presentarvos a programación das tarefas semanais. Agora teredes recollidas nunha axenda interactiva 
😎 , as actividades propostas para cada día.Recomendamos a súa visualización a pantalla completa.

Na axenda haberá elementos interactivos, como botóns ou imaxes. Saberedes cales son porque ao pasar o rato por riba, aparecerá unha etiqueta co título da tarefa á que están ligados, premede neles para poder facelas.

Por exemplo, para facer a tarefa do luns, premedes na pestaña do lado dereito “L” e así co resto dos días (Dádelle tempo a que cargue para que funcione correctamente, non tarda máis que un intre).

Unha vez que rematedes as actividades en rede que conteñen fichas (auto correctivas) , ao darlle a “Terminado" debedes escribir o voso nome e apelidos, e curso (3ºA , 3ºB ou 3ºC). Ese traballo recibirémolo tras introducir eses datos, polo que non é preciso que enviedes fotos/capturas. Se a puntuación final non é a desexable recomendamos volver a facer a ficha; non pasa nada por que recibamos varias veces a ficha dun alumno/a. Neste tipo de fichas :
Evidentemente non hai enlaces ao DECA nin aos exercicios de Snappet, iso xa é un traballo que tedes que facer sós, como habitualmente. As actividades de Snappet subirémolas á plataforma o día que vai marcado na axenda semanal
O alumnado que desexe, pode facer ampliación ou reforzo en Snappet (Diez más/Necesito ayuda/Lista de trabajo/Sigo aprendiendo).

Esta semana so mandamos tarefa ata o xoves, xa que o venres é o día da Festa do traballo . A semana que ven, empezaremos o martes , porque o día 4 de maio é festivo local.

Lembrade enviar o DECA para corrixir e aquelas actividades que presenten dificultades.


Non esquezades o voso tempo diario de lectura.


E última recomendación, pero non menos importante... tratade de atopar o voso horario ideal para traballar (nestes momentos é imposible que sexa o mesmo para todos e todas ou que sexa o da escola) e gozade da compaña da vosa familia todo o tempo que vos permitan as circunstancias.

Unha forte aperta e mil bicos virtuais das vosas titoras ! 💖⭐😘


venres, 24 de abril de 2020

O Lapis Máxico de Malala - Educación en Valores

Non é preciso ser un adulto para facer historia ou para ser valente.

Hoxe coñeceremos a historia de Malala Yousafzai, a nena que foi quen de demostralo.


Bicos para todos e todas!
Vosas titoras ⭐






















Bicos para todos e todas!
Vosas titoras ⭐











xoves, 23 de abril de 2020

⭐RETO - Celebremos o Día do Libro cunha "Xincana Literaria"


Cada día 23 de Abril celébrase o Día do Libro mundialmente, co obxectivo principal de fomentar a lectura.

Esta data foi elixida porque xusto ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.



É tradición, ademais dunha boa iniciativa, agasallar cun libro aos nenos e nenas, porque pode ser o principio dun hábito moi saudable e recomendable, como é a lectura.



O máis importante é que, cada un e cada unha de vós, atopedes o voso libro ideal, que vos guste e apaixone. 



Gustaránvos de temática distinta, historias de amor, aventuras, novelas de terror... Todo libro é válido para desenvolver a creatividade e a imaxinación, e iso sempre é bo.



Falando de libros... Queda algún neno ou nena que non se enterase de que nos agasallaron o libro "Bruxa e familia" de Paula Carballeira?  Aínda estades a tempo de pedir o código para acceder a el. Unha vez teñades o código, poderedes lelo online ou descargalo. Tedes toda a información nunha mensaxe de Telegram enviada onte, 22 de abril.


A continuación podedes ver a xincana literaria proposta para que celebredes este día.



Estamos seguras de que o pasaredes de marabilla , cando atopamos esta xincana pensamos que pagaba a pena compartila (descoñecemos a autoría, por iso non damos os datos).

Retámosvos a facer un vídeo lendo os trabalinguas cun lapis na boca, a ver se sodes quen de lelo e que se vos entenda! #RETO
Podedes subir os vosos vídeos neste enlace 📤 que vos levará á carpeta "Reto Trabalenguas".
Neste enlace poderedes ver tamén todos os retos.

Unha aperta moi forte para todas e todos.
Botámosvos un mundo en falta ! 

As titoras dos Superterceiros


ACTUALIZACIÓN DO RETO 
Por orde de chegada: 
1º reto superado , de Dani ! 🦸‍♀️ . Ver vídeo ▶ 
2º reto superado, de Noa !  🥈  . Ver vídeo ▶
En 3º posto temos a Thais ! 🥉 . Ver vídeo ▶
Moi de preto ven... SaraVi ! 🤩 . Ver vídeo ▶
Pisándolle os talóns, Martín !😎. Ver vídeo ▶
Incorpórase á listaxe Caro !  👏Ver vídeo ▶
Recén chegado ....    Hugo !  👌 Ver video ▶
Aparece no taboleiro  Antía! Ver vídeo ▶
Temos un novo reto... Laia! 🙌Ver vídeo ▶
Dende as alturas ,     Celia ! 👏. Ver vídeo ▶️
Voando chegan Sandra e Cris Potter! ⚡️. Ver vídeo ▶️
Helena atrévese con dous vídeos ! 📼. Ver vídeo 1 ▶️- Ver vídeo 2 ▶️
Aquí temos a SaraVa!  🧙‍♂️Ver Vídeo ▶

luns, 20 de abril de 2020

⭐RETO - COÑEZAMOS ALGUNHAS OBRAS DO MUSEO NACIONAL DO PRADO

SODES TODOS UNS ARTISTAS, PERO SABEDES DE ARTE? 

Dende o Museo Nacional del Prado, propoñen facer un percorrido virtual pola súa web da man de Margarita e mais dos seus amigos.

Tedes dúas maneiras de disfrutar do itinerario: unha, escoitando os audios e navegando por cada una das súas fichas. E a outra, vendo os vídeos das obras comentadas.

🎨 Se reproducides (imitades ao voso estilo) algunha das obras comentadas , facédenolas chegar e se hai moitas, faremos unha exposición virtual cos vosos traballos.#RETO

Enlace para subir e ver as obras: Museo de Superterceiros de Tarrío

Deixámosvos co vídeo de introdución ás audioguías. Para seguir o percorrido e ver os vídeos, pinchade nas ligazóns que hai máis arriba.

Agardamos que vos guste e que aprendades un montón.

domingo, 19 de abril de 2020

Outro día fóra ! Plan de traballo do 20 ao 24 de abril.

Bo día!
Achegamos programación das tarefas para esta semana.
📤 Lembrade: hai que enviar o DECA para corrixir e aquelas actividades que presenten dificultades. En todo caso, quen desexe, pode enviar tamén o resultado das actividades interactivas.

LUNS, 20 DE ABRIL ➡️Snappet 💻

-  🔢 MATEMÁTICAS
   El reloj y la hora. (Repaso de segundo) 

- 🔠 LENGUA CASTELLANA
   Comprensión lectora “El pirata Pata Palo”.

- 🔠 LINGUA GALEGA 2° e 3° TRIMESTRE 
   Ditado 1.


MARTES, 21 DE ABRIL

- 🔢 MATEMÁTICAS
  DECA, páx. 47 e 48 

- 🌍☀️ CIENCIAS SOCIAIS - 🐄🐾CIENCIAS NATURAIS
Test das TarríoCiencias 1



- 🔠 LENGUA CASTELLANA
Dictado K/C
Escucharás un texto y tendrás que escribirlo usando correctamente las normas ortográficas.

Cada audio es una oración, por lo que tendrás que poner pegado a la última   palabra que escribas, un punto y dejar un espacio a continuación, como en Snappet. Si durante la misma oración hay un silencio más largo de lo normal, que indique enumeración o aclaración, tendrás que poner una coma.





MÉRCORES,22 de ABRIL ➡️Snappet💻

- 🔢 MATEMÁTICAS
Las horas y los minutos. (Repaso de segundo)
- 🔠 LENGUA CASTELLANA
Los elementos de las oraciones.

- 🔠 LINGUA GALEGA 2° e 3° TRIMESTRE
Vocabulario: As ferramentas de traballo.




XOVES, 23 DE ABRIL

-🔢 MATEMÁTICAS
 DECA, páx. 49 e 50 
 Cálculo mental con los personajes de Inside Out:



- 🌍☀️ CIENCIAS SOCIAIS - 🐄🐾CIENCIAS NATURAIS
Ruleta das TarríoCiencias 2:



- 🔠 LINGUA
Repaso Ortografía C / Z / Q:





VENRES, 24 DE ABRIL ➡️Snappet💻

- 🔢 MATEMÁTICAS
Competencias: Visita a la granja.

- 🔠 LENGUA CASTELLANA
Describir objetos. 

- 🔠 LINGUA GALEGA 2° e 3° TRIMESTRE
Comprensión Lectora: Deseñadora de hora en hora.




📖 Non esquezades o voso tempo diario de lectura, se non vos apetece ler o que tedes pola casa, ou non dispoñedes de material de lectura para tantos días, podedes acceder a esta entrada do blogue que actualizamos de cotío https://entrenamentesterceiro.blogspot.com/2020/03/tamen-gustamos-de-ler-en-galego.html , aí deixamos un montón de opcións, así coma tamén podedes atopar entradas do voso interese no espazo de Olegario,  http://corazondetarrio.blogspot.com/. 

🔒As actividades de Snappet subirémolas á plataforma o día que vai marcado na programación semanal, así que se vedes que o luns non podedes facer o do mércores é porque ata o mércores non poderedes acceder ás novas tarefas. 
O alumnado que desexe, pode facer ampliación/reforzo en Snappet da forma habitual, seguindo as instrucións que xa achegamos por Telegram
(Recomendamos os dez máis ou as outras propostas xa nomeadas).



Seguimos en contacto pola vía habitual.
Unha forte aperta a todas e todos, coidádevos moito!! 😘❤️⭐️

Sandra e Cris 

xoves, 16 de abril de 2020

17/04/2020 - QUEDA UN DÍA MENOS PARA VERNOS!

Ola a todas e todos, como xa vos anunciamos por Telegram, pensamos que é mellor publicar aquí as tarefas diarias, así o alumnado terá maior autonomía e non dependerá do teléfono dos maiores para facer o seu traballo.

Igualmente, seguirase enviando notificación ás familias coma se veu facendo ata o de agora, e seguiremos usando as mesmas canles para comunicarnos ou para achegar as tarefas no caso de dúbidas e/ou correcións.

Ademais, desde este blog tamén podedes acceder aos blogs das outras asignaturas só con pinchar nos enlaces que hai na columna á vosa dereita.



Dito isto, imos aló coa tarefa de hoxe.




MATEMÁTICAS


Coco Loco 3 




DECA: páx 45 



CIENCIAS: 🐄

Ruleta das TarrioCiencias 1


LINGUA : 🖉


Ditado 




LENGUA: 📙


Clases de oraciones

https://es.liveworksheets.com/oc41169iq  No caso das enunciativas debedes escribir Enunciativa afirmativa ou Enunciativa negativa, no resto só interrogativa ou exclamativa.



➡️ Na ruleta das TarríoCiencias fixádevos ben na escrita, porque se falta o acento gráfico vai dar erro.

➡️Cando rematedes as fichas debedes revisar o que escribistes , logo pulsar no botón "TERMINADO” e a continación , pulsar en “COMPROBAR MIS RESPUESTAS”.

📩 Enviade foto do Deca para corrixir e a daqueles exercicios nos que teñades dúbidas ou dificultades. (Podedes enviarnos a puntuación conseguida en TarríoCiencias 😉)


Coidádevos moito! 


Unha aperta ben forte 😊🥰

Sandra e Cris 

sábado, 4 de abril de 2020

AÍNDA NON ESCOITAS RADIO PICARIÑA NIN VES XABARÍN CLUB ?


Radio Picariña é a primeira experiencia de radio dixital para a CRTVG cun formato similar ao de aplicacións como Spotify, que vos ofrece a posibilidade de seleccionar a música que desexedes escoitar entre todos os temas. Deste xeito, desde o reprodutor pódese navegar por toda a listaxe de cancións e elixir as que queirades oír, desde o PC ou ben desde dispositivos móbiles.

As cancións que inclúe esta emisora dixital están ordenadas de forma alfabética por título. Na información que se mostra ao usuario está o título da canción, o álbum ao que pertence e os autores da mesma. Radio Picariña é ideal para gozar dela na vosa casa, xa que tamén permite a escoita de todos os temas de xeito consecutivo.


Las 12 mejores canciones del Xabarín ClubXabarín TVG é unha canle da CRTVG  que ofrece unha programación súper divertida en galego. Se accededes desde Internet, tedes opción a elixir o que vos apeteza ver no momento, e non só iso, tamén podedes acceder a xogos, adiviñas, audiocontos...
Tamén da opción a que vos afiliedes ao Club Xabarín e a que descarguedes a súa App, nela atoparedes unha morea de vídeos de debuxos animados emitidos na canle tvG2, con creacións feitas en Galicia.
Xabarín TVG permite ver os debuxos animados 100% en galego en streaming: wifi e 3G.A APP incorpora un control parental desde os 3 anos ata os 14 e nela pódense seleccionar todas as idades ou só aquelas que as vosas familias consideren como contidos adecuados para vós.

Non vos perdades "Aquelando", "Aquelando na casa", "Xeoclip", "O Sabedoiro", "Era unha vez ...o home" ou "Era unha vez ... os exploradores"...hai tanto onde elixir!

A nós encántannos as dúas propostas, tanto Radio Picariña, como Xabarín TVG , agardamos que a vós tamén.

Deica a próxima entrada !

⭐A AGASP CONVOCA CONCURSO DE DEBUXOS


Artistas, de seguro que isto vos interesa !


As mestras de terceiro sabemos do moito que animan as vosas creacións artísticas e que non só dan moita alegría, senón que ademais , son obras dignas de expoñer nas mellores galerías de arte. 
Por iso (logo de recibir un chivatazo dunha familia, informándonos da existencia deste concurso) pensamos en que deberiamos propoñervos que participasedes.
Seguide lendo para ter toda a información.

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia.

A temática do concurso é completamente libre, os nenos e nenas poderán plasmar no debuxo o que eles queiran transmitirlle aos axentes e o único requisito é que poñan o cancelo #ConVósEstamosSeguros. A finalidade do concurso é que mediante esta iniciativa os rapaces poñan en valor a gratitude aos corpos e forzas de seguridade e ao mesmo tempo que contribúa a que pasen estes días de confinamento un pouco mais entretidos.

Poderán participar neste concurso todos os nenos e nenas galegos. Haberá categorías segundo o nivel educativo. Así establécense 6 premios, un para Infantil, dous para Educación Primaria, por una banda os nenos de 1º a 3º e por outra banda os de 4º a 6ª, e o mesmo cos estudantes da ESO, haberá dúas categorías, os rapaces de 1º e 2º e por outra banda os de 3º e 4º. E finalmente os estudantes de Bacharelato que igual que os de Infantil teñen cada un, unha categoría.

premio consiste en que o neno ou nena gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia, onde tamén están recibindo formación os policías e gardas civís, poidendo participar con eles nalgunha das clase e que así poidan coñecer de preto aos axentes que reciben a formación na Academia.

Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 (folio) e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lapis, tinta chinesa, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras. Cada neno poderá facelo como queira. O estilo é completamente libre. O único é que ten que levar o cancelo #ConVosEstamosSeguros.

O prazo de presentación dos debuxos comeza o día 3 de abril e remata o vindeiro venres 17 de abril. Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo do neno ou nena, o nivel educativo ao que pertence, ( no noso caso 3º de EP), así como o colexio ao que asiste ( CEIP Plurilingüe de Tarrío - Culleredo).
Non esquezades escribir nalgún lugar do voso debuxo o cancelo #ConVósEstamosSeguros.

#ConVósEstamosSeguros #entemposdecoronavirus #estevirusparamoloxuntos