mércores, 17 de xuño de 2020

Preparados para o convite de fin de curso? Aquí vos deixamos o menú de intervención para que vaiades practicando 😉🎉


Ola de novo!

Aquí estamos outra vez para achegarvos o "Menú da videochamada de fin de curso".

Pareceunos axeitado organizar un pouco as intervencións para que todos e todas teñades as mesmas oportunidades de falar, xa que a duración é dunha hora.

Se algún ou algunha de vós prefire non falar ou que non se lle vexa por motivos de timidez ou porque non tedes permiso das vosas familias, podedes acceder co micro e/ou video pechado, ou poñer un cartel coas vosas receitas para o menú para que o podamos ver os demáis.

Este "Menú" consistirá nun entrante , no que contaredes algo que vos gustou moito deste curso ou que lembrades con moita ilusión. A continuación haberá un prato único e teredes que escoller entre chiste, adiviña ou descrición (calquera das tres opcións ten que ser curta) , e por último pero non menos importante , a sobremesa, na que agardamos que nos digades o voso desexo para o curso que ven.

Lembrade ter os vosos pratos preparados para que non vos xoguen unha mala pasada os nervios, e cumprir as normas de intervención , é moi importante para nos escoitar ben e para que podamos participar todos e todas.


Achegámosvos tamén o vídeo dos retos para que podades velo sen ter que estar pedindo o teléfono ás vosas familias . Dicirvos que estamos moi contentas coa participación e o nivel, sodes insuperables!




E xa por último, e a petición de varias familias, comentarvos que o venres achegaremos un documento con opcións/propostas de repaso para o verán, onde a nosa recomendación fundamental é que gocedes do tempo de descanso e lecer , do aire libre, pero sobre todo , do tempo de calidade xunto aos vosos seres queridos.

Bicos a moreas e unha aperta enorme das vosas mestras .
Querémosvos !





luns, 15 de xuño de 2020

Despedida do curso 2019-2020, o ano que aprendemos a estudiar en tempos de Coronavirus. Xogos Reunidos.

Ola nenas e nenos ! 
Este fin de curso será moi raro, xa que mesturamos sentimentos confrontados: alegría por rematar e empezar as vacacións, pero tamén tristeza, xa que levamos moito tempo sen vernos, con moitas preocupacións e ademais non podemos despedirnos fisicamente, nin darnos unha grande aperta.

A final de semana faremos unha videochamada, xa iremos achegando instrucións ás vosas familias, iso sí, teredes que estar preparados para gardar o turno e escoitar atentamente, xa que de non ser así, non nos escoitaremos e sería unha pena. Intentade preparar un pequeno texto para saber o que queredes contarnos a nós e aos vosos compañeiros e compañeiras de clase.

Desta volta, non deixamos unha axenda de tarefas, é unha semana especial. Si queremos que vexades uns vídeos de Ciencias para completar os contidos que estaban programados para este curso:

- DA PREHISTORIA Á HISTORIA . AS IDADES DO HOME:



- FORZA E MOVEMENTO.



- O TEMPO ATMOSFÉRICO:


- SECCIÓN BOLECHAS E RECICLAXE




Pero o mellor deixámolo para o final ...
Fixemos unha recompilación de XOGOS, tanto educativos, como de lecer, os nosos  "XOGOS REUNIDOS". Agardamos que sexa do voso agrado e que vos sirva de axuda tanto para repasar como para divertirvos.
Como mostra, agasallámosvos cun xogo ao estilo de Onde está Wally, so que teredes que atoparnos a nós 🧐.




PANEL DOS XOGOS REUNIDOS


Bicos a moreas e unha aperta xigantesca das vosas mestras .
Vémonos ao final da semana!

Cris e Sandra 

domingo, 7 de xuño de 2020

Programación das tarefas do 8 ao 12 de xuño. Entramos na 3ª fase! ✨

Esta semana é unha semana moi especial, unha semana cargada de esperanza, xa que entramos na terceira fase do confinamento, iso indica que estamos moi cerca da normalidade.

Así que xa sabedes, gozade dos novos "privilexios" pero tendo en conta as medidas necesarias, é dicir, con sentidiño, que as ganas de apertar ben forte e de vervos son insoportables de levar...

Dito isto, aquí deixamos a programación das actividades para esta semana. Xa sabedes que imos estar reuníndonos coas vosas familias, así que é posible que baixemos un pouco a velocidade de resposta, pedimos desculpas anticipadamente.

Tamén achegamos o recordatorio do que as vosas familias deben ter en conta antes de ir á reunión, que xa enviamos o venres por Telegram. 

Apertas súper fortes e bicos a moreas das vosas mestras,

Cris e Sandra ⭐❤😘


venres, 29 de maio de 2020

⭐️ RETO: COMPARTE O TEU PASEO NUNHA CONTORNA NATURAL ⭐️

Achégase o día Mundial do Mediambiente, o 5 de xuño, e para conmemoralo, e despois do tempo de confinamento pasado nos nosos fogares, queremos inundar o noso álbum de imaxes dos vosos paseos pola natureza durante este tempo de desescalada (sempre coidando as precaucións).

Aproveitade que vai bo tempo, empeza a fin de semana e non tedes tarefa, para sacar fotos en lugares que vos agraden, logo elixide as que máis vos gusten e compartídeas neste álbum: OS NOSOS PASEOS DURANTE A DESESCALADA

Se as vosas familias teñen redes sociais e queren participar no movemento, que suban as fotos co cancelo  #PASEONATURAL

📸 Agardamos polas vosas fotos. Seguro que descubrimos lugares cheos de maxia ⭐.
☀️🌳🌱🌹🐚🏝☀️
Un bico enorme das vosas mestras, querémosvos! ❤😘

xoves, 28 de maio de 2020

UTILIZAMOS AS FICHAS DE LECTURA PARA COMPARTIR AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE O QUE ESTAMOS A LER

Ola Súper lectores de terceiro!

Como lembraredes, na Biblioteca de Aula da escola, tiñamos unhas fichas de lectura que se completaban despois de rematar os vosos libros e posteriormente gardábanse nunha carpetiña para que todos e todas tiveramos acceso a súa consulta.

É un bo xeito de elixir cal será a nosa próxima lectura, xa que nos da un resumo do que imos ler e ademais leva unha puntuación para saber se gustou pouco ou moito.

Este tipo de consultas fanse moito en Internet, cando queres ver unha serie, unha película, un libro ou mesmo mercar un obxecto...nós facémolo de forma escrita, pero aínda que todos estamos na casa, poderémolo consultar, porque podedes subir as vosas fichas a este álbum de OPINIÓNS LECTORAS !


Por se algún ou algunha quere recuperar ese hábito e colaborar para ter máis información (xa sabemos que sí, porque algunha familia preguntou por ela) enviamos un modelo de ficha de lectura suxerido por Olegario.
De todos modos, podedes deixar voar a vosa imaxinación e crear a vosa ficha especial para cada lectura... Quen di que a ficha da Casiña de chocolate non podería ter forma de casa en 3D?
Sería xenial ver que sodes quen de crear! 

É unha actividade totalmente voluntaria, pero se a realizades, tedes que facelo con moi boa caligrafía, fixándovos na ortografía e de xeito creativo, para que chame moito a atención e se vexa facilmente.

A ver quen é o primeiro ou a primeira en estrear o álbum!

Bicos de Sandra e Cris ❤⭐😘

luns, 25 de maio de 2020

ACTIVIDADES EN DIRECTO DOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

Desde os Museos Científicos fannos chegar esta mensaxe ao cole:

"Esperamos que vos atopedes ben de saúde e sigades con ánimo de fronte ao final do curso escolar.
 
Sabemos o desafío que este momento suponvos tanto a vós como ao voso alumnado, e por iso queremos estar ao voso lado. 
 
Querémosvos axudar e imos facelo desde a nosa canle de Youtube, levándovos un anaquiño dos museos á vosa casa. Así que, a partir do próximo luns 25 de maio, retransmitiremos actividades en directo .
 
Cando? De luns a venres, ás 11 horas desde a Domus e ás 12:30 horas desde o Acuario
 
Que? Haberá diseccións de corazón e ollo, alimentación de quenllas e focas, visita á Charca das Caricias e moito máis.
 
Como? Só vos tedes que conectar, á nosa canle de Youtube á hora que elixades. Estamos en www.youtube.com/casaciencias (http://www.youtube.com/casaciencias)."


Recomendamos que vos conectedes sempre que podades, será coma facer unha visita, pero dende a casa, (iso sí, hai actividades coma as diseccións de corazón e ollo que non están feitas para todos, se sabes que vai ferir a túa sensibilidade, non o mires).

Bicos para todos e todas.

Cris e Sandra ❤⭐

TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola Superterceiros! 

Como cada luns, aquí deixamos a programación semanal.
Desta volta hai unha novidade, cada día deixamos unha nota onde poderedes revisar se rematastes todas as tarefas usando un rotu virtual que atoparedes na esquina superior dereita, ao lado do botón que indica os elementos interactivos. Só tedes que premer sobre o rotu e se extende unha paleta de cores, elexides o que máis vos agrade e marcades cun ✔ o que teñades feito. Se errades, premedes na icona do lixo e bórrase todo.
As tarefas que aparecen son un exemplo, haberá moitos e moitas de vós que non teñen tarefa atrasada, ou non teñan tempo de facer dez máis... De todos modos,  insistimos en que cada un ten que ir ao seu ritmo, xa que as circunstancias familiares non son todas iguais.
Agardamos que sexa de axuda.

Aquí tedes un mini titorial explicativo: 


Bicos e apertas a moreas para todos e todas,

Sandra e Cris ⭐❤😘





xoves, 21 de maio de 2020

⭐️ RETO: PALABRAS COMPOSTAS ⭐️

Estes días estades vendo as palabras compostas e propoñemos unha forma de xogar con elas.

O novo reto consiste na división dunha palabra composta en partes facendo un debuxo representativo de cada unha e identificando que tipo de palabra é (nome + nome, verbo + nome...).

Deixámosvos este exemplo, que esperamos que vos sirva de axuda e vos dea ideas!💡😉


➡️ Podedes engadir as vosas creacións a este álbum.
Recordade poñer o voso nome e clase e se queredes podedes compartir máis dunha fotografía (se facedes máis dunha palabra). 😉

Queremos dicirvos que estamos moi contentas coa vosa participación e coas obras tan especiais que elaborades.
Estades formando entre todos os 3º uns álbums impresionantes!!✌️⭐️
Parabéns polo voso traballo e implicación!!! 👏👏👏

Cris e Sandra⭐️❤️

mércores, 20 de maio de 2020

E continuamos a ler na casa!

O Grupo Anaya  déixanos unha serie de enlaces para que podades ler gratuitamente algúns dos seus libros.
Agora que moitos rematastes o libro suxerido "Bruxa e Familia" (do que aínda podedes pedir o código se queredes), aquí tedes máis opcións:


    



     



 Vaia tropa! Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante ...

De seguro que algún deles encaixará co voso gusto. Botade unha ollada a "Vaia tropa!" é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler o verso do reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convídanvos a que inventedes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo. Ademais nel, aparecen caligramas, en definitiva,  é algo diferente ao que acostumades a ler.

Bicos a moreas e apertas agarimosas das vosas titoras que vos queren un mundo !❤⭐😘 

domingo, 17 de maio de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 A0 22 DE MAIO

Ola a todas e todos !

Esta fin de semana fixo moi bo tempo, aproveitastes para dar un bo paseo ?
Celebrastes o Día das Letras Galegas dalgunha forma especial?
De seguro que sí, porque sodes un grupo de Superterceiros e tedes unhas ideas fantásticas.

Empezamos nova semana e aquí vos deixamos a tarefa programada.
As fichas interactivas xa nos chegan ao noso buzón, os venres achegarémolas coas respostas correctas por se vos quedan dúbidas ou para saber en que errastes.

Lembrade botar unha ollada ao blog da Biblio, que Olegario e o seu equipo sempre teñen algo que contarnos (tedes o enlace na columna da dereita).

Bicos a moreas , querémosvos un mundo ❤⭐ !

xoves, 14 de maio de 2020

⭐️RETO: NOME EN ÁNGULOS⭐️

Ola, Superterceiros!⭐️

Estes días estades traballando os ángulos e, que mellor forma de experimentar con eles que descubrir todos os que hai no voso nome ? 
O voso nome ten ángulos agudos, rectos e obtusos. Seguro que non o pensarades antes, pero agora é o momento de que o comprobedes!

O novo reto consistirá na elaboración do voso nome en letras maiúsculas, marcando todos os ángulos rectos, agudos e obtusos que hai nel.
No álbum podedes ver os nosos nomes como exemplo. 

Esperamos que vos gusten e que vos animedes a descubrir todos os ángulos agudos, obtusos e rectos do voso nome ( facedeo en folla cuadriculada para que vos sirva de guía) 

➡️ Podedes engadir as fotos aquí 📤, poñéndolle ao arquivo só o voso curso (e especificando nome se hai dous nenos/as que teñades o mesmo nome nesa clase) para saber de quen son ou escribilo na propia folla do nome con ángulo.

Bicos das mestras ! ⭐️❤️

mércores, 13 de maio de 2020

Os Bolechas presentan a Carvalho Calero nunha nova publicación e achegamos "As pitas baixo a choiva" con banda sonora!

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección Os Bolechas: As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Para lelo, preme na imaxe da portada:


Tamén pensamos que vos agradaría ler a historia completa de "As pitas baixo a choiva" e por que non, acompañar a lectura dunha banda sonora axeitada ( todo isto froito do Proxecto da CNLCA de Ferrolterra e Edicións Embora – Carvalho Calero 2020 e grazas a Edicións Embora).

Premede na portada para ir ao libro e no símbolo ▶ para escoitar a música.

 

Bicos e apertas a moreas das vosas mestras ! 💟⭐

luns, 11 de maio de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola de novo! Aquí estamos de volta , cheas de enerxía .

Estades preparados para esta semana? Ven cargada de novas instrucións que nos indican que queda menos para vernos , que ganiñas xa! 😍

Non enredamos máis, esta é a programación de tarefas para a semana .

Bicos das vosas mestras, querémosvos! Seguide a coidarvos moito 💙


xoves, 7 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Bos días, superterceiros!
Como xa sabedes, o 17 de maio, celébrase o Días Letras Galegas. 🎉🎉
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.

Neste vídeo podedes descubrir os feitos máis destacados da súa vida e obra:


A continuación tedes un resumo da súa vida (que se chama biografía) e unhas actividades para comprobar todo o que aprendestes de Ricardo Carvalho Calero.
✏️ Na sopa de letras fixádevos que deberes arrastrar as palabras (que están no lado dereito) á primeira letra desa palabra. https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=Lingua%20Galega&t=4fnrncf7ns&l=rg&i=txfoxx&r=co

Un aperta enorme das vosas titoras! ❤️

mércores, 6 de maio de 2020

⭐️RETO: CALIGRAMA⭐️


Empezamos nova aventura! Toca volver a debuxar pero esta vez... con versos!!

O novo reto consistirá na elaboración dun caligrama en Lingua Galega. Pero... sabedes o que é un caligrama? Trátase dun poema no que as súas palabras forman unha figura ou un debuxo sobre o que trata o poema.

A continuación podedes ver dous exemplos:


Estamos desexando descubrir os vosos caligramas!!! As mestras xa estamos pensa que pensa a ver que se nos ocorre, porque nós tamén participamos. 😉

➡️ Podedes engadir as fotos aquí, poñéndolle ao arquivo o voso nome e curso para saber de quen son ou escribilo na propia folla do caligrama : ÁLBUM CALIGRAMAS  

As titoras de 3º ⭐️😊

martes, 5 de maio de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Ola de novo, nenos e nenas!
Agardamos que estes días de descanso serviran para animarvos un pouco e recargar as baterías. 
Agora xa podemos ir saíndo un pouquiño da casa, cada vez falta menos para estar xuntos de novo! 💖

Aquí vos queda a programación semanal, esta vez cun deseño diferente, xa nos contaredes cal vos gusta máis ou vos parece mellor organizado.

Bicos e apertas virtuais a moreas das vosas mestras, 
Sandra e Cris.

domingo, 3 de maio de 2020

Certame de Arte organizado polo Museo de Belas Artes

Ola familias, achegamos información acerca do certame  organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña: 

ANIMATE E PARTICIPA co Museo Belas Artes da Coruña! #Museonacasa #Artencasa

CONDICIÓNS :
1. Selecciona unha das nove obras que o museo propón.
2. Crea e interpreta a obra cos  materiais ou técnicas que elixas dando a túa propia versión .
3. Envíanola cos teus datos ó correo : mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

O prazo remata o 15 de maio . (Apto para todas as edades ) 
Anunciaremos as obras seleccionadas  o día 18 de maio , Día Internacional dos Museos e subiranse a web oficial do Museo Belas Artes da Coruña .

Subiremos algunhas das obras preseleccionadas para que podiades votar as que mais vos gusten !

Moitas grazas e non esquezas etiquetarnos nas túas creacións.

ANIMATE E PARTICIPA !!
#MuseoBelasArtesdaCoruña #Museonacasa #Artenacasa #Aculturasegue


mércores, 29 de abril de 2020

⭐️RETO: DEBUXOS OCULTOS⭐️

Para traballar a área de plástica propoñémosvos un reto moi faciliño, pero que necesita de imaxinación e creatividade. 
Tedes que "debuxar" a partir de obxectos que tedes na casa. Si, si... con calquera obxecto. É totalmente libre!
Deixamos aquí uns exemplos e esperamos as vosas fotos cos debuxos elaborados.📸





PD: As profes tamén elaboraremos os nosos propios debuxos.😉

Estamos desexando ver as vosas creacións!!! Seguro que serán moi orixinais!

➡️ Podedes engadir as fotos aquí, poñéndolle ao arquivo o voso nome e curso para saber de quen son: https://photos.app.goo.gl/aJAGgeHHjJqwoY1h9 , neste enlace tamén poderedes acceder ao álbum...xa están chegando verdadeiras obras de arte (actualizado).


 

Cristina e Sandra ⭐️❤️

luns, 27 de abril de 2020

Xa queda menos! AXENDA DE TAREFAS PARA ESTA SEMANA

Bo día!

Estreamos unha nova forma de  presentarvos a programación das tarefas semanais. Agora teredes recollidas nunha axenda interactiva 
😎 , as actividades propostas para cada día.Recomendamos a súa visualización a pantalla completa.

Na axenda haberá elementos interactivos, como botóns ou imaxes. Saberedes cales son porque ao pasar o rato por riba, aparecerá unha etiqueta co título da tarefa á que están ligados, premede neles para poder facelas.

Por exemplo, para facer a tarefa do luns, premedes na pestaña do lado dereito “L” e así co resto dos días (Dádelle tempo a que cargue para que funcione correctamente, non tarda máis que un intre).

Unha vez que rematedes as actividades en rede que conteñen fichas (auto correctivas) , ao darlle a “Terminado" debedes escribir o voso nome e apelidos, e curso (3ºA , 3ºB ou 3ºC). Ese traballo recibirémolo tras introducir eses datos, polo que non é preciso que enviedes fotos/capturas. Se a puntuación final non é a desexable recomendamos volver a facer a ficha; non pasa nada por que recibamos varias veces a ficha dun alumno/a. Neste tipo de fichas :
Evidentemente non hai enlaces ao DECA nin aos exercicios de Snappet, iso xa é un traballo que tedes que facer sós, como habitualmente. As actividades de Snappet subirémolas á plataforma o día que vai marcado na axenda semanal
O alumnado que desexe, pode facer ampliación ou reforzo en Snappet (Diez más/Necesito ayuda/Lista de trabajo/Sigo aprendiendo).

Esta semana so mandamos tarefa ata o xoves, xa que o venres é o día da Festa do traballo . A semana que ven, empezaremos o martes , porque o día 4 de maio é festivo local.

Lembrade enviar o DECA para corrixir e aquelas actividades que presenten dificultades.


Non esquezades o voso tempo diario de lectura.


E última recomendación, pero non menos importante... tratade de atopar o voso horario ideal para traballar (nestes momentos é imposible que sexa o mesmo para todos e todas ou que sexa o da escola) e gozade da compaña da vosa familia todo o tempo que vos permitan as circunstancias.

Unha forte aperta e mil bicos virtuais das vosas titoras ! 💖⭐😘


venres, 24 de abril de 2020

O Lapis Máxico de Malala - Educación en Valores

Non é preciso ser un adulto para facer historia ou para ser valente.

Hoxe coñeceremos a historia de Malala Yousafzai, a nena que foi quen de demostralo.


Bicos para todos e todas!
Vosas titoras ⭐






















Bicos para todos e todas!
Vosas titoras ⭐











xoves, 23 de abril de 2020

⭐RETO - Celebremos o Día do Libro cunha "Xincana Literaria"


Cada día 23 de Abril celébrase o Día do Libro mundialmente, co obxectivo principal de fomentar a lectura.

Esta data foi elixida porque xusto ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.



É tradición, ademais dunha boa iniciativa, agasallar cun libro aos nenos e nenas, porque pode ser o principio dun hábito moi saudable e recomendable, como é a lectura.



O máis importante é que, cada un e cada unha de vós, atopedes o voso libro ideal, que vos guste e apaixone. 



Gustaránvos de temática distinta, historias de amor, aventuras, novelas de terror... Todo libro é válido para desenvolver a creatividade e a imaxinación, e iso sempre é bo.



Falando de libros... Queda algún neno ou nena que non se enterase de que nos agasallaron o libro "Bruxa e familia" de Paula Carballeira?  Aínda estades a tempo de pedir o código para acceder a el. Unha vez teñades o código, poderedes lelo online ou descargalo. Tedes toda a información nunha mensaxe de Telegram enviada onte, 22 de abril.


A continuación podedes ver a xincana literaria proposta para que celebredes este día.



Estamos seguras de que o pasaredes de marabilla , cando atopamos esta xincana pensamos que pagaba a pena compartila (descoñecemos a autoría, por iso non damos os datos).

Retámosvos a facer un vídeo lendo os trabalinguas cun lapis na boca, a ver se sodes quen de lelo e que se vos entenda! #RETO
Podedes subir os vosos vídeos neste enlace 📤 que vos levará á carpeta "Reto Trabalenguas".
Neste enlace poderedes ver tamén todos os retos.

Unha aperta moi forte para todas e todos.
Botámosvos un mundo en falta ! 

As titoras dos Superterceiros


ACTUALIZACIÓN DO RETO 
Por orde de chegada: 
1º reto superado , de Dani ! 🦸‍♀️ . Ver vídeo ▶ 
2º reto superado, de Noa !  🥈  . Ver vídeo ▶
En 3º posto temos a Thais ! 🥉 . Ver vídeo ▶
Moi de preto ven... SaraVi ! 🤩 . Ver vídeo ▶
Pisándolle os talóns, Martín !😎. Ver vídeo ▶
Incorpórase á listaxe Caro !  👏Ver vídeo ▶
Recén chegado ....    Hugo !  👌 Ver video ▶
Aparece no taboleiro  Antía! Ver vídeo ▶
Temos un novo reto... Laia! 🙌Ver vídeo ▶
Dende as alturas ,     Celia ! 👏. Ver vídeo ▶️
Voando chegan Sandra e Cris Potter! ⚡️. Ver vídeo ▶️
Helena atrévese con dous vídeos ! 📼. Ver vídeo 1 ▶️- Ver vídeo 2 ▶️
Aquí temos a SaraVa!  🧙‍♂️Ver Vídeo ▶

luns, 20 de abril de 2020

⭐RETO - COÑEZAMOS ALGUNHAS OBRAS DO MUSEO NACIONAL DO PRADO

SODES TODOS UNS ARTISTAS, PERO SABEDES DE ARTE? 

Dende o Museo Nacional del Prado, propoñen facer un percorrido virtual pola súa web da man de Margarita e mais dos seus amigos.

Tedes dúas maneiras de disfrutar do itinerario: unha, escoitando os audios e navegando por cada una das súas fichas. E a outra, vendo os vídeos das obras comentadas.

🎨 Se reproducides (imitades ao voso estilo) algunha das obras comentadas , facédenolas chegar e se hai moitas, faremos unha exposición virtual cos vosos traballos.#RETO

Enlace para subir e ver as obras: Museo de Superterceiros de Tarrío

Deixámosvos co vídeo de introdución ás audioguías. Para seguir o percorrido e ver os vídeos, pinchade nas ligazóns que hai máis arriba.

Agardamos que vos guste e que aprendades un montón.

domingo, 19 de abril de 2020

Outro día fóra ! Plan de traballo do 20 ao 24 de abril.

Bo día!
Achegamos programación das tarefas para esta semana.
📤 Lembrade: hai que enviar o DECA para corrixir e aquelas actividades que presenten dificultades. En todo caso, quen desexe, pode enviar tamén o resultado das actividades interactivas.

LUNS, 20 DE ABRIL ➡️Snappet 💻

-  🔢 MATEMÁTICAS
   El reloj y la hora. (Repaso de segundo) 

- 🔠 LENGUA CASTELLANA
   Comprensión lectora “El pirata Pata Palo”.

- 🔠 LINGUA GALEGA 2° e 3° TRIMESTRE 
   Ditado 1.


MARTES, 21 DE ABRIL

- 🔢 MATEMÁTICAS
  DECA, páx. 47 e 48 

- 🌍☀️ CIENCIAS SOCIAIS - 🐄🐾CIENCIAS NATURAIS
Test das TarríoCiencias 1



- 🔠 LENGUA CASTELLANA
Dictado K/C
Escucharás un texto y tendrás que escribirlo usando correctamente las normas ortográficas.

Cada audio es una oración, por lo que tendrás que poner pegado a la última   palabra que escribas, un punto y dejar un espacio a continuación, como en Snappet. Si durante la misma oración hay un silencio más largo de lo normal, que indique enumeración o aclaración, tendrás que poner una coma.





MÉRCORES,22 de ABRIL ➡️Snappet💻

- 🔢 MATEMÁTICAS
Las horas y los minutos. (Repaso de segundo)
- 🔠 LENGUA CASTELLANA
Los elementos de las oraciones.

- 🔠 LINGUA GALEGA 2° e 3° TRIMESTRE
Vocabulario: As ferramentas de traballo.




XOVES, 23 DE ABRIL

-🔢 MATEMÁTICAS
 DECA, páx. 49 e 50 
 Cálculo mental con los personajes de Inside Out:



- 🌍☀️ CIENCIAS SOCIAIS - 🐄🐾CIENCIAS NATURAIS
Ruleta das TarríoCiencias 2:



- 🔠 LINGUA
Repaso Ortografía C / Z / Q:





VENRES, 24 DE ABRIL ➡️Snappet💻

- 🔢 MATEMÁTICAS
Competencias: Visita a la granja.

- 🔠 LENGUA CASTELLANA
Describir objetos. 

- 🔠 LINGUA GALEGA 2° e 3° TRIMESTRE
Comprensión Lectora: Deseñadora de hora en hora.




📖 Non esquezades o voso tempo diario de lectura, se non vos apetece ler o que tedes pola casa, ou non dispoñedes de material de lectura para tantos días, podedes acceder a esta entrada do blogue que actualizamos de cotío https://entrenamentesterceiro.blogspot.com/2020/03/tamen-gustamos-de-ler-en-galego.html , aí deixamos un montón de opcións, así coma tamén podedes atopar entradas do voso interese no espazo de Olegario,  http://corazondetarrio.blogspot.com/. 

🔒As actividades de Snappet subirémolas á plataforma o día que vai marcado na programación semanal, así que se vedes que o luns non podedes facer o do mércores é porque ata o mércores non poderedes acceder ás novas tarefas. 
O alumnado que desexe, pode facer ampliación/reforzo en Snappet da forma habitual, seguindo as instrucións que xa achegamos por Telegram
(Recomendamos os dez máis ou as outras propostas xa nomeadas).



Seguimos en contacto pola vía habitual.
Unha forte aperta a todas e todos, coidádevos moito!! 😘❤️⭐️

Sandra e Cris